Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005.
En pouco menos de dúas horas e media, comezarei a presentación do proxecto. Xa tomei as miñas drogas para estar tranquilo, o cal seguramente sexa imposíbel.
Pois despois da presentación do proxecto, estiven un chisco a navegar por internet, que a saber o que fixo Cristian, pero a conexión ad-hoc, non funcionaba nada ben. E despois marchamos uns cantos a festexar o meu proxecto, proba diso é o que se ve na foto. Estivemos até non moi tarde, coma sempre por ser fin de semana e porque eu tamén me tiña que deitar cedo para facer o papeleo ao día seguinte.
O mércores erguinme pouco antes das 10 para facer todos os trámites que precisaba para marchar do país. Posto que aproveitando unha visita ao supermercado, xa fixera o Abmeldung (desempadroamento no concello), só ficaba a exmatrikulation, a baixa consular, o contrato telefónico e o papel firmado polo coordinador conforme voltei para casa. Nesta orde fíxeno todo:
Alá me ergo ás 7:05 para evadir o espertador de Cristian, que ten de melodía o Cara al Sol, por suposto para apagala canto antes e erguerse rápido, pero conseguín evadilo :-) Ducheime e metín todo nas maletas.
Pois nada, efusiva aperta con meu pai e xa a desfacer as maletas, menos a de man, que só ten cousas para levar a A Coruña. Despois fíxome un par das súas míticas tortillas de patacas e despois amoseille TODAS as fotos, así que despois xa non houbo tempo de máis e deitámonos.
Xa cheguei tamén á Coruña onde me agardou unha boa cea en La Mamma. Como tiña bastante fame, pois comín dous pratos e o postre de sempre, a tarta Toscanela. Por suposto pasei un bo tempo cos amigos cos que xa había bastante que non estaba e aos que xa botaba de menos, en especial a Laura, á que xa vira en Alemaña, pero sen a cal se me fai imposíbel vivir.


Pois xa antes de chegar tiña ganas de mercar unha moto nova e ao falar con Miguel comentoume que a mellor opción era mercar unha de 125 en vez dunha de 50 polas seguintes vantaxes:Pois o día 16 foi o meu primeiro partido en Riazon despois da miña volta. Non sei como puideron pasar de repente os goles do Barça, de feito, si o sei, por suposto culpa do arbitro e proba delo é o penalty máis ca dubidoso que pitou, pero é o que hai cando se xoga contra estes equipos...
O que tamei foi interesante foi esa remontada que comezou con ese golazo de Munitis e que Valdés aínda non sabe por onde lle entrou. En fin partidazo.
Plantilla basada en http://blogtemplates.noipo.org/