Blogia
Calvaris in Deutschland

Pequena reflexión sobre o Nadal

Pequena reflexión sobre o Nadal

Pois non sei se será dende que morreu miña nai, supoño que si, na miña casa o Nadal é unha merda, porque o único que facemos é cear algo un pouco máis traballado e de postre, turrón. Así que me decatei nun debate das clases de alemán, de que o único interesante que me ocorre no Nadal é o feito de recibir o agasallo. Si, soará moi material, pero lamentablemente é a verdade.

Este ano, como supoño que todos imaxirades, foi o Episodio III de Star Wars, que xa estaba a agardar a rubir polas paredes! Grazas, meu amor, por estar aí e agardo que cando vivamos xuntos, isto mellore, e tamén desexo que sexas ti, a que me dea esta ledicia que dende hai estes anos, é o único decente dos meus Nadais...

1 comentario

Miguel González -

Na miña casa pasa algo similar dende que morreron os meus avós... Tradicionalmente pasabamos Noiteboa na Coruña cos paternos e Nadal en Bembibre cos maternos... Ó menos este ano estivemo-los catro xuntos na casa de Arteixo (a verdade, en Santiago son totalmente deprimentes) e fixemos videoconferencias coa familia empregando o Skype na Noiteboa, porque o día de Nadal estiveron só eles (eu traballei e non saín ata as 16:00).