Blogia
Calvaris in Deutschland

Papeleos

Hoxe, por primeira vez en tempo, non me erguín para traballar! Erguémonos para ir ao centro a buscar os libros de Laura e o bono de transporte. Tentei mercalo aquí, pero o fulano dixo, que sendo un bono mensual, tiñamos que facelo no centro, así que mercamos un ticket simple para ela e alá fomos. Por sorte, un dos sitios está en Charlottenplatz, que era a mesma parada do centro de idiomas de Laura. Fixemos alí o bono, pero ao tentarmos coller os libros descubrimos que estaban na pausa do mediodía, así que marchamos a Vaihingen a xantar cos fineses, que xa marchan mañá. Manda carallo, que ao estarmos alí apareceu Irene, unha das españolas que xa marchara, pero que estaba a facer o proxecto e que viñera uns días para falar cos titores. Tomamos un café todos e despois Laura e máis eu marchamos a polos libros, que non nos deron porque xa llos darían o primeiro día de clase. De todos os xeitos, puidemos comprobar que estaba todo en correctamente.
Despois demos un paseo polo centro, onde escoitamos a uns fulanos tocando música clásica de daba gloria oílos. Aproveitamos para tomar un granizado dos Starbucks, que abriron hai pouco, pero había moita xente e ademais, era carísimo. De todos os xeitos, tomamos o noso granizado. Atopamos unha zapatería, onde merquei uns zapatos, que os que teño xa estaban moi vellos e xa voltamos para Vaihingen, onde tentamos configurar coma tolos unha conexión ad-hoc wireless para que Laura puidese saír tamén a internet. Levounos tempo de carallo e todo por mor da canle. A Laura saíalle sen problemas e a mí aparecíame coma "unassociated". Probei trocando a canle e todo foi ben, aínda que tivemos que arranxar aínda o tema do firewall e de NAT, que foi menos complicado.
E agora miraremos Naruto e xa nos deitaremos, que teño sono e ela tamén. Até mañá!

0 comentarios