Blogia
Calvaris in Deutschland

Bowling für Stuttgart

Bowling für Stuttgart Onte pola mañá fun non saín da casa até as dúas da tarde, que foi cando fun xantar con Jero uns champiñons frescos, cun pouco de cenoria, cebola e carne pasados pola tixola, de postre, uns morangos cun chisco de azucre por enriba. A verdade, é que estaba todo caralludo.
Despois pola tarde fun con Jero, xa que el, ao igual ca Eloi, tamén quería trocar os seus altofalantes. Eu despois de oílos, tamén quero trocalos, pero non atopo o ticket de compra, así que me terei que foder. Pasei pola oficina de turismo para informarme sobre o transporte para cando veña Laura, que xa falta só unha semana :-))))) Apunteime ao curso de portugués. O xeito de facelo era escribir unha tarxeta e metela nunha caixa, pero eu esquecín pór o número de matrícula, co cal escribín a tarxeta dúas veces, incluida a observación de que "por ser galego quizais sexa mellor que entre en segundo, xa o que é falar algo de portugués xa sei, pero non teño idea de escribilo".
Despois á noitiña, fomos co buddy de Jero, a xogar aos bolos. Non tiña nin puta idea, porque na primeira partida fiquei derradeiro, pero na segunda, non sei se foi a cervexa ou que, pero gañei, iso si, non fixen 300 puntos coma Homer. Creo que se eu teño algún deporte ao que lle pegue ben, son os bolos :-) A verdade é o Buddy de Jero e os seus amigos, son moi simpáticos e tamén podes exercitar o alemán con eles, que de tanto estar con españois, falo moi pouco. Polo menos, Jero e mais Eloi teñen xa casa en Munich para ir cando queiran, cousa que non me gustou, porque non fai falla que cho restreguen pola cara, tal coma eles fixeron. Pero o dito, xente moi simpática, que louvaron o noso alemán, dicindo que estaba moi ben, que podían entender todo o que queriamos dicir, é dicir, que podiamos expresarnos. Incluso, un quedeou abraiado cunha frase moi sinxela que fixen. Preguntoume se a vira por aí ou se a formalara eu só. E cando lle dixen iso, díxome que sería tal coma unha alemán a diría. Fíxome ilusión, aínda que a frase fose unha merdiña pequena, sen sequera unha frase subordinada... :-)
Cada xogo eran 3€, e o aluguer dos zapatos 1,60€, o que fixo un total de 7,60€ maís as cervexas, pero coma pasei un bo rato, non me importa. Non sei que carallo pasou, que alguén pagou mal, e sobraron 5€, así que mercaron uns xelados para todos e unhas gominolas, co cal matamos un pouco a gran fame que tiñamos. Despois ceamos algo rápido na miña cociña.

0 comentarios