Blogia
Calvaris in Deutschland

Stammtisch

Stammtisch Pois hoxe erguínme para estar un pouco na Internet, pero ao final fun a Vaihingen facer a compra. Case non collo o bus de volta, e nese caso tería que agardar 20 minutos, pero afortunadamente non pasou nada.
Despois fun xantar co polaco e collín o S-Bahn para ir recoller a Cristian ao aeroporto. Agardei por el, pero lamentabelmente voltou a fumar e ademais, deixouno coa moza :-(
Despois de que deixou as maletas fomos até a Frühlingfest, pero non había case ninguén e ademais, chovía. Montamos na montaña rusa, que nos valeu 5€, pero con 5 loops, de todos os xeitos só nos deron unha volta, así que non valeu moito a pena. Iso sí, foi bastante menos que a outra cousa de caída ceibe. Despois tentamos beber unha cervexa, pero non había case ninguén nas carpas, así que marchamos para casa e agardamos á tarde á Stammtisch, que é coma unha reunión que lles gusta moito aos alemáns, para tomar cervexas. Neste caso é unha para os Erasmus. Ao principio foi unha merda, pero despois comezouse a animar un pouco e xa foi mellor. Despois Cristian e mais eu fomos a casa a ver Los Serrano, pero o capítulo do 30 de marzal, que el non o vira e a min non me importaba velo outra vez.

0 comentarios