Blogia
Calvaris in Deutschland

Markus

Markus Pois nada, que onte batimos o record e ficamos Dominique e mais eu até as 22:15 da noite, iso supondo o ritmo de vida alemán, así que podedes imaxinar a alguén saíndo a facultade un venres ás doce e media da noite. Completamente tolo.

Cheguei cunha fame que xa non vía e xusto cando me dispuña a cociñar un ramen para ver cun capítulo de Naruto veume procurar o señor da foto, Markus Schneider para a festa da súa despedida. Estivemos alí un bo cacho, a falar de moitas cousas e a beber cervexa e tequila, co cal podedes imaxinar como rematei a noite...

Fomos tamén á cidade ao Schocken onde tomei outras dúas cervexas que axudaron a erguer ese estado de ánimo xa de por si alto. Collemos o bus das dúas e media de volta onde Markus ía case a durmir.

Hoxe pola mañá foi bastante complicada a despedida, porque a verdade é que Markus é unha destas persoas que se fai querer bastante, así que se pode dicir que o imos botar todos de menos, supoño que tanto coma el bota a Melisa, a súa moza mexicana, que cotilleo{parece ser que está disposta a vir vivir a Alemaña}, así que lles desexo todo o mellor. Falamos de que estou tamén invitado á súa casa durante o mundial para ver algún partido dos que sexan en Gelsenkirchen e que el virá despois facer un curso de español para poder aprender a dicirlle algo á súa namorada.

Tamén comentar que teño veciños novos, unha catalana filla de emigrantes andaluces, que coñece a Jero e Eloi, e un valencián. Teñen pinta de ser boa xente.

Hoxe ao mediodía tamén xantei con Cristian e co seu novo veciño alemán, un brandenburgués simpático que nos invitou hoxe e co que estivemos a botar unha partidiña de naipes. Despois lle ensinaremos o xogo do Tute que de seguro que lle vai gustar.

0 comentarios