Blogia
Calvaris in Deutschland

Todo pechado

Todo pechado Hoxe foi un día no que todo, estaba pechado, así que fixen de xantar unhas "Setas al ajillo con Kartofelknödel" e despois, pola tarde, Los Serrano.
Ás oito, unhas pizzas e uns panini (ou como carallo se escriba) e á festa que organizaban no edificio do lado. Bebín dúas cervexas, pero nada serio. Iso, si, Jero e Eloi colleron un cagallón de carallo. De feito non paraban de tentar ligar coa australiana ou coa finesa. A australiana non sei se ten mozo, pero a finesa si que o ten, e aínda que me gustaría que Eloi ligase con alguén posto que está só, non así Jero, que tamén ten moza. De todos os xeitos ela deixábase levar, así que realmente non sei de quen sería a culpa dunha hipotética infidelidade...
Pois nada, festa grande, pero non era o mesmo sen a persoa que máis quero no mundo...
Por certo, o que se ve na foto son os edificios que se vén dende preto do lago e a fiestra que está sinalada é a da miña habitación...

2 comentarios

calvaris -

Pues es la foto de la ventana de mi habitación desde cerca del lago. Si te refieres a la página es donde voy contando lo que me va pasando en mi viaje para que no me lo esté preguntando todo el mundo :-)

primo -

Que coño es esto?