Kymco Activ 125
Xa levo dous días a ir á EOI nela e a comprobar as vantaxes de atopar sempre sitios cómodos para aparcar, pero a verdadeira proba foi ir onte ao centro e aparcar no mesmiño Obelisco. Hoxe tamén o poderei comprobar ao ir ao fútbol, precisamente Depor-R. Madrid.
O carallo foi ao probala con Miguel, que se decatou de que non lle funcionaba ben o indicador do nivel de gasolina, polo que fun dereito ao concesionario para que o parvo do mecánico me pedise a peza e agardar até mañá a que estea aquí e colocarlla. Polo resto, non teño ningunha queixa, que vai como un tiro!
0 comentarios