Blogia
Calvaris in Deutschland

Grella

Grella Por sorte, onte rematei unha boa parte do traballo e a outra boa parte agardo rematala hoxe, é dicir, telo xa todo preparado para poder facer as simulacións e extraer os resultados que presentaremos tanto na memoria coma na presentación.

Pola noite fixemos carne á grella, aínda que ao final so tiñamos para Cristian, Mario e máis eu, que os demais só tiñan unhas tristes salchichas, así que nós os tres xantamos o que quixemos e os demais fixérono na cociña e algúns prepararon algunhas pizzas no forno. O que si fixemos despois foi estar alí un pouco de festa na terraza, fumando pipa de auga con tabaco de mazá e de coco e sobre todo, ríndonos coas cancións dos debuxos animados de antes, nada de Pokemon, cousas como os Fragel, Caballaros del Zodiaco, etc.

Había moita máis xente, pero eu ensínovos a xente da que aínda non falei e que apenas coñeceredes:


  • Jasper, o meu veciño holandés, un pouco raro, pero boa xente.

  • Juan Gabriel o valencián.

  • Juan Pablo, o chileno.

  • Anabel, residente en Barcelona, de familia andaluza

  • Elena, de Logroño, pero estuda en Madrid

  • Iris, estuda en Madrid

  • Silvia, tamén estuda en Madrid

  • Till, un suevo que vive aquí porque a súa casa está lonxe.

  • A francesa nova, que creo que se chame Claire e que aínda non coñezo moi ben, pero á que parece que Jasper lle enche o ollo

  • Mario, o de Brandenburg, un alemán do leste simpático e co que estamos a facer un bo curso intensivo

0 comentarios