Blogia
Calvaris in Deutschland

Deutschprüfung

Deutschprüfung Hoxe pola mañá exame de alemán. Tres partes, gramática, comprensión de texto e comprensión oral. A parte de gramática empezou xa rara, porque nos fuxo preposicións por valor de 20$ máis raras ca os pelos do cu. Non podían ser as de sempre, warten auf, denken an, tiñan que ser estilo sich kümmern um ou peores. A parte de comprensión de texto foi bastante ben, agás porque ó final, me quedaron dous textos en adxudicar, que por suposto, puxen ó chou. A parte oral, foi doada porque, ó ser na aula de idiomas, puidemos repetir o exercicio nós mesmos as veces que quixemos.
Despois do exame, a profesora deixounos ir un pouco antes e fomos co mozo turco a comer uns Döner Kebap, que estaban caralludísimos.
Pola tarde tocou ir a Vaihingen a mandar o fax para Carlos e a facer un pouco de compra para cear decente hoxe á noite. Fomos cos dous polacos, cos que ceei un pouco despois. A verdade é que da miña cociña, non trago ós búlgaros, porque non sei que carallo son, pero os tres levan o pelo curtísimo e están fortes, o cal me fai pensar. Os polacos son boa xente.
Despois de ver o trailer de Star Wars Ep. III, gravei unha necromantux para o polaco, que tivo problemas co ordenador, pero creo que o seu discoduro non ten solición.
Despois liáronme para ir ó centro, pero cando me dixeron que tiña que pagar 5€ para entrar e eu só ía estar unha hora, así que decidín marchar no seguinte bus, que non tardou moito.
A foto que teño hoxe é sobre a barbacoa que fixeron estes fulanos onte, pero moi profesional, con pipas de fumar inclusive estilo mouro.

0 comentarios