Blogia
Calvaris in Deutschland

Polbo á feira

Polbo á feira

O xoves pasado pola noite, cando chegamos Laura e mais eu de Marín, quedamos Miguel, Carlos e mais eu para cociñar e comer un polbo que me dera meu pai. Fixémolo segundo o canon do . Pór auga a ferver, e unha vez que ferve, dáselle tres chupos na auga quente e despois déixase cocer durante unha hora. Mentres fixemos tamén un par de bolos de pan na supermáquina e ao se rematar de cocer o polbo botámoslle o sal e o pementón picante.

Teño que dicir, e non é porque o fixese eu, que estaba caralludo. Máis información, no blog de Miguel. Non houbo gran velada, porque el tiña que traballar ao día seguinte :-/

1 comentario

Miguel González Oreiro -

Realmente caralludo todo, o polbo, o viño, o pan e, sobor de todo, a compaña dos amigos.