Blogia
Calvaris in Deutschland

Cidade deserta os domingos

Cidade deserta os domingos Está claro que van a ser tres meses de durmir pouco, porque a partir das 10, aquí xa non se pode durmir :-)
Nada, a xantar ó centro, pero dá a casualidade de que hai moi pouca xente pola rúa os domingos. Ou ó mellor era hoxe que coa nevada que caeu a xente non quería saír á rúa, como se pode ver na foto.
Xantamos en McDonnalds de un café en Königstraße, e investigar os cines para ver que pelis botan. A pena é que "El Hundimiento" xa non a botan aquí porque quería vela en alemán.
Marchamos cedo para casa, porque nevaba bastante e podiamos coller frío, de feito Désirée ten 38,2 de febre hoxe e mañá hai clase :-( A ver se se pon mellor.
Vimos dúas pelis e agora estou oíndo o partido do Depor en RavioVoz por internet. FORZA DEPOR!
E xa me deito, que mañá hai clase moi cedo.

0 comentarios