Blogia
Calvaris in Deutschland

Dando exemplo

O deportivo clasificado para a semifinal da Copa do "Cidadán Borbón" (segundo terminoloxía de Pilar Rahola). Despois de oír cómo o adestrador do Deportivo Joaquín Caparrós alenta aos siareiros coruñeses de cara ao partido desta fin de semana contra o Violencia F.C., non me queda máis remedio que preguntarme onde está esa marrullería da que me falaba algún amigo meu cando se enteiraba de que se convertera no noso adestrador. Polo que levo visto de Caparrós, paréceme un auténtico cabaleiro, en contraposición do seu homólogo do Violencia, que incitaba aos seus siareiros (aínda que acho que a palabra "sicario" sería moito máis axeitada) a ter un ambiente bronco, tanto dentro como fóra do campo.

E o que xa me parece incribel, é o feito de a federación actuar de oficio contra o Deportivo, por defender os seus dereitos, iso si, despois non actúan de oficio para impoñer unha sanción a ese adestrador que conseguiu tanto o que quería, que chegou a pasarse, de xeito que un dos seus sicarios (perdón, siareiros), lle tirase unha moeda ao árbitro.

1 comentario

hannuskah -

E che extraña que a federación se persone contra o depor.. cando o denunciou á UEFA e ou a FIFA en outras dúas ocasions por facer o que tiña que facer e o que ten dereito a facer... pero non denunciou o BarÇa cando o seu presidente nese momento era o vice presi da federacion? ou que non denunciase ó Bilbao porque Villar necesitaba o voto do Bilbao para poder seguir chupando do teto?...

A min o único que me sorprende aínda e que os clubes que non sexan barÇa, Madrid, Bilbao e Valencia queiran seguir con esta farse de deportividade... e sigan aguantando as discriminacións e as inxustizas :D