Blogia
Calvaris in Deutschland

A sesión de cinema máis cara da historia

A pesar de que hoxe xoves era o aniversario de Filmax e as entradas estaban ao prezo de 1€ foi o día no que máis paguei ao ir ao cinema. O prantexado xa comezou a se encarecer ao mercarmos as entradas por internet, que pasaron de 1€ a 1,65€ pola comisión do feito de mercalas por internet.

Chegamos alí e tomamos unhas pataquiñas fritidas antes de entrarmos e unhas gominolas. Despois de saírmos do cine, pola peculiar saída deste demos unha volta por fóra, e estiven a piques de ir ver como estaba a moto, pero como a vin dende fóra, xa non me acheguei.

Tentamos tomar uns menús infantís de Burri Kin, porque daban de agasallo uns bonequiños coa cabeza grande de personaxes de Star Wars, pero non quedaba ningún interesante, así que nos decidimos finalmente polo Lahmacun Spezial, que é como o coñecía en Alemaña, e que aquí lle chaman Pizza Kebap. Despois de esperarmos así como media hora, puidemos cear.

Ao saírmos decateime de que non tiña a chave e para máis INRI, non estaba o meu caso, pero si a moto. Ao pouco veu un garda de seguridade que me preguntou se era o dono da moto e ao respostarlle que si, deume a chave, que ao parecer lle entregaran. Completamente subrealista. A chave ficara na pechadura do asento e alguén me roubara o casco. A verdade, non sei se tentaron roubar a moto, que por sorte estaba alí con todos os papeis, pero no caso de o tentaren, poida que non o conseguisen polo antiroubo que ten no acelerador.

Putada, que teño que pagar entre 30 e 40€ 50€ por un casco novo. Sorte, que a moto estaba alí e que non nos multaron por ir na moto sen un dos cascos, que tivo que sufrir Laura porque eu non podía conducir así ao me choraren os ollos por mor do vento.

1 comentario

Miguel González -

Sorte do antifurto do puño do gas... Lembraste de cando o atopamos e parecía una parvada? sinto o do casco... polo menos sería o teu, que estaba un pouco más vello.