Blogia
Calvaris in Deutschland

Visita ó médico.

Visita ó médico. Esta mañá xa non puiden aguantar máis na clase, até o profesor me dixo que fose ó médico, así que ó saír fomos xantar. Ó sairmos pasamos pola tenda de O2 (que é a miña compañía de telefonía) para arranxar o teléfono de Cristian, que estaba escarallado. Tamén solicitei a rebaixa de 5€ (ó mes, creo) que fan nos contratos ós estudantes e que non coñecía. Moi simpático o fulano que nos atendeu hoxe e decateime de que cada vez vou falando e entendendo mellor o alemán :-)))))
Pasei pola oficina de Relacións Internacionais da universidade para que me comentasen que trámites tiña que facer para ir ó médico, posto que non chega con presentar a tarxeta no médico. Hai que convalidala, ou algo así, pero estaba pechado así que fun ao médico sin facelo, que malo habería de ser...
Para atopar un médico en Vaihingen pasámolas putas. Ó final, nun otorrino, déronnos a dirección dun médico que pechaba ás catro, porque ningún outro traballaba o venres pola tarde. Chegamos ás 5 menos algo, pero o fulano atendeume igual pola pena que lle dei :-) Non puiden usar a tarxeta sanitaria, así que tiven que pagar 32,18€ de médico + 15,04€ de medicamentos, que cando convalide a tarxeta, me devolverán, ou iso agardo eu. O médico completamente informatizado, iso si, en Hasefroch, pero informatizado. Cada cousa que lle dicía, tecleábaa no ordenador e tal... Non tiven moitos problemas porque busquei no diccionario "tus" (husten) e xa non pasou nada.
O máximo foi cando chegamos á farmacia do centro comercial e comecei a escoitar o... tachán... ASEREJÉ, pero máis difícil aínda, EN ALEMÁN! Non o estribillo, pero o resto da cancion si. Con dicir que o único que entendín foi "chulería"... Teño probas de audio desfe feito, pero só do estribillo :-(
E nada, a ver se me poño mellor :-)
Skype works now!
Sobre o fulano da foto, comentar que é un tipo que se pon na rúa principal (Königstraße) á darlle á manivela con cancións interesantes coma Heide, Que será, será e outras moitas que serán típicas alemanas... O mellor da cidade.

0 comentarios