Hoxe si que teño gripe

Nada, despois a xantar a Mensa a toda présa porque pecha ás dúas. Resulta que no sitio onde xantamos os días anteriores non era Mensa, senón a cafetería. Comín hoxe por só 3,50, pero noxento de todo. Co que fun toda a tarde para encher a despensa. Collín o bus a Vaihingen para mercar e de paso pedir un papel na sucursal do concello de Stuttgart, que está fronte ao centro comercial. Merquei todo (ou iso pensaba) e voltei. Cando viña de volta decateime que me faltaban un par de cousas de dei a volta, así que cheguei a casa finalmente ás 19:15, que usei para facer os deberes de alemán. Agora voume deitar, xa, que quero curar a gripe dunha vez.
0 comentarios