Blogia
Calvaris in Deutschland

Día con Luis

Día con Luis

O sábado erguinme ás doce para facer unhas compras co meu pai, como uns zapatos e un pantalón e despois a toda hostia que fun con el cara a estación de trens de Pontevedra para coller un cara Vigo.

Durante o camiño lin un interesante artigo sobre honeypots que me molou moito, así que a viaxe se me fixo bastante rápida.

Alá me agardaba Luis, compañeiro de colexio e amigo dende hai dezanove anos, que sempre estivo e está aí para todo o que precise. Con el xantei e fun de compras, incluido o Corte Inglés, onde descubrín que as distribuidoras de cinema son unhas porcas. Discutín cos dependentes sobre a serie "Orgullo y Prejuicio", que lle regalaron a Laura e que ten mal as carátulas dos DVDs. A estes tamén lles respostei o mesmo que aos de Coruña cando me dixeron que ninguén se queixara, e era que cando alguén se gasta 50€ en DVDs pretende que todo sexa perfecto, porque para iso pódoos mercar no top-manta.

Despois amoseille as fotos de Stuttgart e tomamos algo abaixo, cando me falou do Eye Toy Kinetic, que é un xogo para Play 2 que fai de entrenador persoal para facer exercicio diariamente, co cal creo que xa teño excusa para mercar esa consola ;-)

Tamén lle cifrei a rede wireless, que a tiña abertísima e co password por defecto que deixaban os de Timofónica.

Despois leváronme el e maila moza de volta a Marín, xa que tiñan cea en Pontevedra.

Luis, grazas por todo.

0 comentarios