Blogia
Calvaris in Deutschland

Son 6!

Son 6!

Onte tocounos a a tarefa de limpar a gaiola dos hamsters, despois do parto de Catalina. Non o puideramos facer antes porque os cativos, aínda eran iso, moi cativos. Así que non sabiamos nada sobre eles, só que estaban aí. Agora sabemos que son 6 e que teñen as mesmas cores que a súa nai, ou iso lembro, así que xa sabemos cal é o xen dominante :-)

Tiñamos un pouquiño de medo do que pasaría ao metelos outra vez na gaiola, non fose que a nai os rexeitase ou algo así, pero non ocorreu, de feito, un que se foi por aí dar unha volta, puxémolo outra vez diante da porta e foi a mesma nai a que o colleu coa boca e o meteu dentro, así que: Migración cumprida!

1 comentario

hannuskah -

Son preciososss!!!!E xa teñen un bo tamaño!Verás nun par de dias a revolta que che teñen liada na gaiola!