Blogia
Calvaris in Deutschland

GUADEC

GUADEC Pois onte venres pola tarde, fomos a Neustaatsgalerie, que é un mueso de arte estilo como sería o "Novo Museo Galego" é dicir, que non é de ámbito alemán, senón do Bundesland e onde teñen unha caralluda colección, coma por exemplo Picasso, Matisse, Gaugain, Rembrant pero non catro, senón bastantes... incríbel, non imaxino isto na Galiza. O mellor de todo era unha escultura de cera dunha muller da limpeza que había nunha sala que parecía completamente de verdade...
Despois fomos con Álvaro, Garnacho e Eduarno xantar unha salchicha para xa marchar cara Essligen. Polo camiño leváronnos até a Capela dos Reis de Württenberg, pero só até abaixo, non nola ensinaron, co cal non valeu para nada. Ao chegar a Esslingen había uns rapaces a se bañar nunha fonte, coa calor que nós tiñamos. Por sorte, ao cabo de media hora, atopamos un bar onde bebemos todos e enchemos as botellas para seguir. Esslingen estivo ben, pero de todos os xeitos, é mais do mesmo. Son moi semellantes, pero belas, iso si.
Despois voltamos para se rexistraren, todos menos Alex, co cal o tivo que facer hoxe, perdendo o conseguinte tempo. Deitámonos na herba do parque un bo cacho, onde Álvaro e Garnacho fixeron algúns exercicios acrobáticos, pero case se matan no intento :-)
Despois, de camiño ao Hostel, unha salchichiña vermella e ala, para alá.
Colleron os portátiles para baixar até Schloßplatz, onde hai unha rede inarámica e onde todos baixaron o correo, e subiron artigos a barrapunto e despois apareceu por alí Miguel de Icaza, ao que lle dixen que eu era o que tiña que agardalo no aeroporto, e se desculpou :-) Bo rapaz, máis baixo do que agardaba. Estivemos falando con el sobre moitos temas e despois a tomar un Kebap ao sitio de sempre.

1 comentario

Lechucks -

Vamos que me he enterado de todo . :).