Blogia
Calvaris in Deutschland

Que pasa neng!

A verdade é que ante o medo de que o Neng de Castefa non voltase ao programa de Ándres, estiven a piques de pasarme definitivamente ao programa de Eva Hache, que me parece que ten un humor un pouco mellor có de Buenafuente, pero este último voltou contar hoxe co Neng de Castefa nunha actuación inconmensurábel, coa que non parei de rir.


Estivo en Exipto, fixo coñas coas pirámides e coas esfinxes, fumando pipa coma a miña e máis cousas. Á volta contoulle cunha graza impresionante todas as experiencias a Ándres, coas que tamén me partin o cu.

0 comentarios