Martes e mércores

Despois fun con Laura até o IFA e alí xa en Charlottenplatz collín o U1 cara Vaihingen Schillerplatz a mercar ovos e catro cousas máis que nos facían falla.
Fun recoller a Laura máis tarde e voltamos a traballar un pouco. A iso das oito e media comezamos a facer as tortillas de pataca, e patacas ao estivo Cacabelos (coma o polbo á feira). O carallo é que tamén de despedín de Irene, a grega (á dereita na foto), que tamén vou botar de menos. Ficou todo caralludo e foi un éxito cando o subimos á cociña de arriba. Despedínme de Felipe, que pensei que marchaba para sempre, pero non foi así, porque só marcha nada máis e nada menos que a ver ao cabrón de Ratzinger. Estivemos alí un chisco até que remataron as dúas bandexas de polo que tiñan ao forno, que queriamos probalas. A verdade é que estaban caralludas tamén, pero ao noso nivel non chegaban... Despois baixamos a ver un capítulo de Los Serrano e xa nos deitamos.
Hoxe pola mañá Laura ergueuse un pouco antes ca min, pero non puiden durmir por mor do ruido que había fóra, e iso que a habitación que temos é moi tranquila.
Xa case non nos deu tempo a nada e fomos xantar. Á volta de levala púxenme a traballar. A merda de C++ xunto co que fixo o meu director, que acho que ás veces non é moi bo coma programador, leváronme a estar toda a tarde a solucionar un problema de merda, pero xa espero rematar mañá o tema co que estou agora e pasar ao seguinte. Por certo, non collades o libro de Stroustrup para aprender C++, porque non vale para principiantes.
Ao recoller a Laura demos un paseo por Schreiberstraße na busca de pipas de auga, pero estaban todas carísimas, así que decidín buscar a tenda Bad Cannstatt que me dixera Ian. Alá fomos no U1. Custounos un pouco atopala, pero ao final demos con ela. As pipas tiñan moi boa pinta, pero eran caras. Non así o tabaco, así que quizais merque unha pipa nun lado e tabaco no outro.
Despois traballamos outro pouco e escoitamos o partido do Deportivo, mentres faciamos a cea na cociña, grazas á conexión wireless, que tiña un 40% de calidade. Ao rematarmos Laura fixo os deberes mentres eu miraba outra vez Los Serrano e agora xa nos imos deitar. Até mañá!
0 comentarios