Blogia
Calvaris in Deutschland

Breogán

Breogán Pois aí podedes ver a Breogán o meu novo Hamster ruso, unha mágoa que non soviético, pero é o que hai. Todo por cortesía de Hannuska, quen mo regalou e me acompañou a mercar unha gaiola para que viva. A verdade é que aínda non ten confianza comigo e iso que tento subornalo con queixo, mazá e outros manxares, pero nada. E iso que Laura se queixa de que a ela lle tiña medo, poir subiuselle á man antes cá miña... Teño que limparlle todo unha vez por semana, así que a primeira semana o pobre tivo que se quedar nun bote moi grande de cristal porque aínda non tiña nada para metelo, pero este luns, que lle tocaba outra vez xa mequei unha bóla destas para metelo dentro e que ante un pouco pola casa. Aínda non lle ten collido o tranquillo, pero pouco a pouco vaise afacendo a meterlle caña e a frear, mais aínda se mete unhas boas hostias contra as patas das mesas e demais. Tamén lle mola bastante andar na típica roda que hai na gaiola e mola como se volve tolo cando lle limpas a gaiola, porque xa non lle cheira a el.

Agora estou esperando a que Laura se decida a mercarlle a femia para podérense divertir e procear.

Que feitiño é!

1 comentario

hannuskah -

Vaia beleza de hamster ;-)
Teremos que darlle a brasa a Laura, para que lle proporcione unha boa compañeira ó pequeno Breogán, que o pobre moi cedo a de querer \"xogar\" jijiji

Pensa nel Laura!