Blogia
Calvaris in Deutschland

F.U.C.Q.

Pois supoño que xa sabedes que a palabra "fuck" do inglés vén do "Fornication Under Consention of de King" e non, non me trabuquei, porque realmente quero dicir "Fornication Under Consention of de Queen", que neste caso é Catalina, a hamster de Laura e miña e que Breogán, que é o hamster macho, non para de tentar montar. Creo que aínda non o conseguiu, porque aínda o sigue a tentar e supoño que en caso de estar preñada non o faría por cousas desas de hormonas e feromonas, aínda que non estou para nada seguro. O que si xa fixen, foi mercar unhas salchichas para evitar o canibalismo da nai sobre os fillos, que se dá cando a nai se quere fortalecer para a seguinte camada, porque considera que esta non é o suficientemente boa. Seguirei a informar.

Unha das cousas simpáticas sobre os intentos de "montaxe" foi o intre en que a colleu por detrás, a levantou e caeron cara á dereita, pero sen se soltar. Unhas manobras incríbeis! Comeza a festa!

0 comentarios