Blogia
Calvaris in Deutschland

Festa e Carmen

Festa e Carmen O venres, despois de deixar todo a simular, fun buscar a Carmen á estación de tren, que viña de Köln (Colonia), onde está a facer un cursiño de alemán. Fomos xantar un Kebap ao Anatolien e xa para casa, porque chovia moitísimo.

Despois estivemos un pouco na festa da Batida de Coco (Mangaroca!) que fixo Till na que mesturaba isto con leite, que estaba moi bo.

Despois marchamos todos cara a festa dos cócteis onde había de todo, como Bloody Mary, Rusos Brancos, Ananás Coado, Auga de Valencia, etc... Así que houbo ao final estado etílico para todos. Aquí non había o tema do funil coma na festa de Estrada, pero había o sentar nunha cadeira, que che botasen os ingredientes do cóctel na boca, que cha abaneasen e a bebelo todo. O que se pode ver na foto é Cristian. Eu non me sometín porque non me gusta a xenebra. Iso si, coa chega de galegos que nos xuntamos alí, cantamos a Rianxeira, o Andar Miudiño, Pousa, pousa e ao final eu rematei co Eu de Marín ausenteime, que me fixo lembrar que xa levo moito tempo fóra, pero que estou aí en menos de tres semanas!

A verdade é que a festa estivo xenial e Carmen tamén o pasou moi ben!

0 comentarios