Blogia
Calvaris in Deutschland

A 2º de alemán

Manda carallo. Despois de que os profesores me fixesen o favor de me deixar asistir ás clases de 3º de alemán durante case 3 semanas en lugar das de 2º, que eras nas que estaba matriculado, decidín pedirlles que me deixasen pasar a 4º, porque humildemente consideraba que non era o meu nivel por diversas razóns como ter compañeiros en Alemaña que fixeron cursos inferiores ao meu e que aprobaron o exame do ciclo elemental con nota, redactar a memoria do meu proxecto en alemán, facer a presentación del en alemán, usw. Pareceulle moi arrogante esta petición, así que me comentou que non podía ser e que xa que me aburría en 3º, que me fose a aburrir a 2º, e que non me deixaba asistir máis á súa clase.

Autenticamente xenial. Agora o que farei será buscarme un tandem para poder presentarme ao exame de nivel e "rezarei" para que non me toque ela no tribunal, porque coa manía que me colleu, xa non sei o que me pasará.

1 comentario

Fiti -

Joder! Menudos humos la profesora esa eh? Fiti, seguro que cojea un poco ya sabes. Demuéstrale lo que sabes hombre! Que Mario siempre dice que tu hablabas de pm...Un saludo!!