Blogia
Calvaris in Deutschland

De compras

Pois onte andamos, despois de ir buscar a Laura andamos un pouco polo centro a buscar algunhas cousas que tiñamos ganas de mercar. O primeiro, por suposto foi saciar a nosa fame, co que eu comín unha salchicha vermella e ela un pasteliño. Despois fomos até o Kaufhof a mirar a ver se tiñan máquinas de pan e máquinas de cocer arroz, para comparar prezos e ver se nos compensa mercar aquí e enviar cara aló, ou simplesmente mercar aló. Pasamos tamén polo Mediamarkt e polo Makromarkt, pero non foi nada satisfactorio, así que marchamos cara o Kaufland a Vaihingen a facer a compra normal, que xa non nos quedaba nada para xantar.

É incríbel o que acelera a compra unha lista. O que fixemos foi coller o S-Bahn até Universität e xa nuns minutos chegaría o autobús cara Vaihingen. Mentres iamos no S-Bahn fixemos a lista da compra, pero non só a lista, senón tamén lle puxemos unha orde, comforme á súa posición no supermercado, xa que está disposto de forma lineal e ás veces voltar atrás supón camiñar cara atrás todo o supermercado e só tiñamos 10 minutos para facelo todo. Conseguimos facela en 13 minutos, pero chegamos á conclusión de que quizais pechase un pouco máis tarde.

Á volta estivemos a enredar un chisco e despois xa capítulo de Los Serrano e a deitarse.

0 comentarios