Blogia
Calvaris in Deutschland

Festa de despedida de Cristian

Festa de despedida de Cristian Pois onte erguinme para traballar e poder presentarlle algo a Dominique ás catro da tarde. Non puiden ir xantar por prescripción médica, así que o único que comín en todo o día foi o almorzo. Fixen todo o que puiden e puidemos avanzar bastante, pero aínda ficou traballo por facer. Fiquei no laboratorio até as 20:30, hora á que fun até a cociña de Eloi para preparar a festa de despedida de Cristian, aínda que máis ben era ao contrario, era para que Cristian puidese despedir a a todos os demais, porque el marchou a Barcelona, pero voltará e en troques os demais xa non o ven, porque marchan antes de que el volte. Gravei tamén todos os CDs de música que lle imos dar aos fineses. A festa estivo ben, senón fose porque non puiden probar nada pola prescripción médica. Así que marchei cedo para casa para non seguir aturando a fame negra diante de todo o mundo a xantar. Unha das cousas que lle prepararon a Cristian foi o do "Scheiße Meister", ou o que sería o mesmo "Mestre da merda". Por que? Porque non sei como carallo fai, pero sempre está a cagar, así que os demais lle puxeron ese alcume e onte encheron a cociña de Eloi de papel hixiénico que ponía "Scheiße Meister" e tamén lle escribimos unha chea de dedicatorias nun rolo.

0 comentarios