Blogia
Calvaris in Deutschland

Catalina e Breogán

Onte pola tarde fomos Richie, Ana, Laura e máis eu a mercarlle a moza a Breogán, para que non se aburran e poidan "xogar" ;-) . Pois alí pediu Ana a hamster soviética, ou digo rusa, que nos deron nunha caixiña moi xeitosa e que chegou a tremer do medo. Limpamos a gaiola segundo o consello de Ana, para que o anterior habitante non tome o terreo como seu e trate de botar fóra á foránea.

A pobriña de Catalina, que así se chamará a citada compañeira de Breogán estaba fatal do medo, así que rematamos canto antes e metémola na gaiola para que a recoñecese. Ao cando dun pouco metemos a Breo e a pesar de que o primeiro tropezo foi satisfactorio, non tardaron nin un minuto en berrar un co outro, porque o pobre Breo xa tiña unhas ganas de desfogar que non cabía dentro del, pero ela, que aínda é pequena, non se deixa e deféndese. Breogán, que nunca saltara da parte de arriba da casa, puido comprobar como a Catalina non lle importa o máis mínimo esa altura e cando se sinte acosada, non dubida un intre en se tirar.Despois de marchamos algúns para casa e outros para a party, comprobei ao voltar a casa como Cata é bastante máis sociábel ca Breogán e que non ten reparos en se subir ás miñas mans, ao contrario de Breo, ao que hai que convencer máis. Tamén comprobamos o grande e bo mozo que está Breogán e que ten xa un pelo precioso.

Por estar tan nerviosa aínda non lle fixen fotos, pero pouco ha faltar para iso, así que estade atentos!

1 comentario

hannuskah -

Vaia belezón de moza que lle atopamos ó Breogán!Penso que é un hamster afortunado!

E gracias ás diferencias de pelaxe entre un e o outro poderemos disfrutar da variedade das diferentes cores coas que contarás os seus futuros retoños! jijiji

¡Qué vivan os mozos!!!