Blogia
Calvaris in Deutschland

Heute Fußball!

Heute Fußball! Pois hoxe erguinme para xantar e ir ao fútbol. Por fin, xa o ía necesitando coma xantar. Pois quedei co americano, pero o simpático, para irmos xuntos até alí. Demos a volta a todo o estadio porque non atopabamos a porta, pero ao final entramos e xa nosa agardaban alí dous turcos amigos nosos. Chegaron despois todos os demais e comezou o partido.
Primeira parte terríbel. Non saben xogar polas bandas. Saen sempre polo centro, non abren á banda, non centran case nada... Iso si, estadio incríbel, con todas as gradas cubertas, póñenche cando vai saír o metro nas pantallas xigantes... Moi ben. Os "Riazor Blues" cantan absolutamente durante todo o partido, pero tamén hai que dicir que só eles, que o resto do estadio está case calado :-)
A segunda parte foi mellor. Houbo toques de calidade de "De Guzman", que é o xogador que ten fichado o Dépor do Hannover, un deles un tiro lonxano dereito á escuadra que atallou o porteiro dun xeito impresionante... E por fin... TOOOOOOOOOOOOOOOOR (gol) de Kevin Kuranyi! No minuto 88! Así que gañamos o partido e a festexalo na Frühlingfest.
Désirée cabrada porque non a agardamos para irmos ao fútbol, pero xa sabedes como teño a cabeza.
Chegamos á Frühlingfest e non había xa sitio en ningunha carpa, así que andamos un pouco até atoparmos aos outros españois. Estiven alí até as 10 e media e xa me vin para casa, mentres xantaba un pouco de chucrut con pasta e unha Brarwurst xigante. Hoxe nada de mazarocas de millo...
O carallo foi que ao saír, atopei a Désirée que marchara para a casa e que estaba outra vez cabreada porque non a avisamos de que foramos para outro sitio, pero xa me estou fartando un pouco do tema, porque xa podía gastar tamén 0,30€ e chamar a calquera de nós ao móbil, que tanto aforrar, non é bo...

0 comentarios