Blogia
Calvaris in Deutschland

Meine Fakultät

Meine Fakultät Hoxe xoves tivemos profesor novo de alemán, e eu pensaba que non nos ía preguntar polos deberes do día anterior, pero si. Eficiencia alemana. Cristian directamente dixo que non os fixera porque fora ver o fútbol, pero eu díxenlle que pensaba que tiñamos que entregalos o luns á outra profesora. Nada, tamén é bo tipo, pero non deixa abrir a boca en clase, sobre todo en español O:-), así que moitas veces teño que contar en algo o que falo con Cristian.
Tamén tivemos un USAno novo na clase, pero este creo que ten algún problema que o fai virar un pouco á dereita. Porque tivemos que falar sobre o paro e empezou con que en Conneticut ou como carallo se chame, que case non teñen paro e que en parte, era porque pagabamos moitos impostos! Ó cal lle preguntei que como carallo mantiñamos entón o estado do benestar e que aquí en Europa se vivía moito mellor nese senso que en USA, pero nada, non entraba en razóns. O fulano dicía que alí todo o mundo tiña seguro e tal, e eu díxenlle que había xente que tiña un seguro que non lle cubría operacións coma as de corazón e que viñan a España a pórse chungos para seren operados aquí e púxome unha cara de que non cría nada sobre esas patochadas de países tercermundistas. Tamén me dixo que un profesor del de macroeconomía (xa me diredes que carallo de macroeconomía lle fan estudar a un Enxeñeiro Industrial, de feito, facer notar o mercantilismo do asunto, nada de cultura, só cartos) lle dixera que o sistema americano era mellor que o europeo! Por suposto eu suxerinlle que que carallo lle ía contar un profesor americano, ó que el me respondeu que viñera de Lituania. Por suposto, resentido co comunismo da URSS. Nada, non fago nada bo del.
Tivemos que ir xantar ao Mensa de Vaihingen, porque os outros cataláns tiñan que estar cedo alí para facer non sei que, así que alí fomos. Como chegamos ás 14:04 non nos quixeron deixar entrar, pero subimos á cafetería de arriba e paguei, coma sempre moito máis :-( Se tivesemos comido no Mensa da Escola de Música...
O único bo foi que atopei a Dani! Dani é o outro Erasmus da FIC que está facendo aquí o proxecto e casualmente, o seu titor é o coordinador de Erasmus da facultade, co cal me amosou directamente a facultade, onde fixen esta foto! Freak, nonsí? Pois si, que teño que buscar titor para facer o proxecto. El ofreceume algo de CAD, pero a verdade, é que as cousas de Julianen Doraden non me van, así que me buscarei outro un pouco máis do meu estilo :-)
Como colofón comentar que o meu Bundesland se chama Baden-Württenberg, pero a miña rexión é Schwaben, que en galego se di Suevia. Como podedes imaxinar, estou co pobo que fundou o noso Reino de Galiza, é dicir, o Reino Suevo. Estou coma na casa!

0 comentarios