Blogia
Calvaris in Deutschland

3 días a traballar arreo

Levamos tres días que non paramos de traballar, ela coma tola a estudar alemán e eu co proxecto. A verdade é que podo dicir que vai amodiño, pero vai. Laura xa é quen de facer frases máis complexas incluso xa con verbos separábeis. Levamos tres días xantando na Mensa, onte sen Cristian, que non apareceu. O martes fiquei a traballar boa parte da tarde porque Laura tiña unha cita cos compañeiros de clase, que ían tomar unhas cervexiña, en concreto á terraza do Kaufhof, onde teñen algo que é unha imitación dunha praia. Eu fiquei a traballar coma un tolo. Nunha destas, borrei os ficheiros de código fonte coa intención de volver baixalos do CVS, pero a máquina non me daba acceso, así que como me preocupei fun até a facultade, camiño da cal atopei a Laura que me acompañou. Aínda dentro da facultade a máquina non me deu acceso, así que non me quedou máis remedio que conectarme a outra, facer un checkout a outra máquina, que teñen as contas montadas por NFS e copiei os ficheiros que quería. Despois capítulo de Los Serrano xa deitarnos.

Antonte fun tamén buscala, pero co antollo de Döner Kebap, así que fomos ao Anatolien a tomar un. Despois, ao pasarmos por unhas pastelería, vimos como os croissants e os Bretzel de oferta, mercamos 5 de cada. Pola noite, puxémoslle Nocilla dentro e metémolos no forno un chisquiño, co que ficaron caralludos. Outro capítulo de Los Serrano e a deitarnos.

Onte tamén a traballar. Cando fun buscar a Laura, demos un paseíño durante o que comín unha salchicha asada, caralluda. Mercamos algún doce e voltamos para casa, para traballarmos un pouco máis. Pasamos por casa de Cristian, que tiña día pachucho, así que veu traballar connosco un pouco até a hora de cear, que que puxemos uns Paninis no forno e miramos o capítulo de Naruto. Depois puxemos un capítulo de Los Serrano que ficou á metade, polo sono que tiña Laura e marchamos durmir."

0 comentarios