Blogia
Calvaris in Deutschland

Stadtmuseum

Stadtmuseum O que fixemos hoxe foi ir coa profesora de alemán a que nos ensinase o museo da cidade de Stuttgart onde hai obras de arte bastante interesantes, entre elas, varios Picassos. A verdade é que a esta profesora é unha auténtica erudita, porque fala de todo o que lle poñas diante. Alí falou de varios artistas que nos deixou parvos, de feito, sabía máis de Picasso que os catro españois que había alí. Por certo, temos nova compañeira sevillana na nosa clase. Chámase Carolina.
Despois xantamos no mensa que está preto de Charlottenplatz onde tomei unha sopa china (lembreime moito de Marcos e as súas sopas nos chinos) e salgo que semellaba paella, pero que en vez de azafrán levaba curry, e estaba un pouco picante.
Despois pola tarde nada, na habitación a coidar a gripe até a noite.
A foto fíxena nun U-Bahn dende Charlottenplatz até Möhringen, bonita, nonsí?

0 comentarios