Blogia
Calvaris in Deutschland

Frühlingfest pola tarde

Frühlingfest pola tarde Onte erguinme pola mañá para falar un pouco con Laura e despois, mentres falaba con Benjamin o USAno-portugués quedamos en ir á Frühlingfest, pero de relax, nada de beber cervexa, que despois da do día anterior xa me chegara. Resulta que os fineses tamén ían cara alí, así que fomos con eles.
A verdade é que está xenial. Ao chegar comín dúas salchichas, unha de Thüringen e a outra meirande, pero non me lembro do nome, ambas as dúas co seu pan. Despois todos xantamos unhas froitas cubertas de chocolate (banana, ananás, mazá e unha máis da que non me lembro agora). E chegamos á atracción que se ve na foto. Unha desas na que te suben a 59m do chan e te deixan caer case en caída ceibe. Paseinas putas. Cando estaba abaixo estiven a punto de pedirlles que me abrisen para marchar e cando estaba enriba de todo, pensábao, pero daba igual porque non llo podía dicir á xente de abaixo. Aparte diso, non paraba de imaxinar que pasaría se de súpeto se abrise o peche de seguridade e caíse dende alí enriba. Estaba en todo momento coas mans enriba do peche por se acaso. A primeira vez que nos deixaron caer, pensei que non remataba nunca, pero á fin chegamos. Despois xa foi máis lixeiro o tema, incluso puiden abrir os ollos. Por 4€ tiráronnos unas 6 ou sete veces. Non estivo mal, pero non deixei de tremer até 10 minutos despois de saír.
Despois estivemos un pouco máis e marchamos cara o centro, onde no McDonnalds tomamos algo. Eu non tiña fame, pero sede sobrábame, así que aproveite da oferta de "Ein mal eins", que vén a ser que teñen algúns produtos a 1€, co cal tomei dúas Fantas de 0,33 :-)
Despois á volta vin unha "La Chaqueta Metálica" aquí na habitación, que me quedara por ver a fin, dende que a viramos unha vez na habitación de Cristian. Isto mentres ceaba uns Panini's (ou coma se escriba). Ao rematar subín o prato á cociña e deixeino alí até o día seguinte.

0 comentarios