Blogia
Calvaris in Deutschland

Na casa

Na casa Pois nada, efusiva aperta con meu pai e xa a desfacer as maletas, menos a de man, que só ten cousas para levar a A Coruña. Despois fíxome un par das súas míticas tortillas de patacas e despois amoseille TODAS as fotos, así que despois xa non houbo tempo de máis e deitámonos.

Esta mañá erguinme cedo por me trabucar co espertador e púxenme a ver as canles de R, que puxo meu pai. Ao chegar fomos a facer o seguro do coche, que xa puxemos ao meu nome para ir collendo bonificación, pero resulta que esquecera levar o carné de conducir, así que tiven que voltar a casa, pero non o atopei, e despois falando con Carlos por teléfono, descubrín que tiña en A Coruña cos papeis do Vespino, que anuncio que vou vender para mercar unha Scooter nova. Ao saír, xa con seguro, aínda que lle teño que enviar a fotocopia por fax, marchei a dar unha volta ás praias e a pegarme un pequeno baño, coma se pode comprobar na foto. A auga está fría e tampouco había moita calor, pero aínda así estiven un anaco deitado en Mogor. Despois lavei o coche e voltei para casa polo Campo, a Rúanova, Pardavila, onde comprobei o avance das obras da circunvalación a Marín. Ao chegar atopei a Villanueva, un colega meu co que estiven máis de media hora a falar no meu portal.

Despois de seleccionar as fotos para non aburrir ao persoal dispúxenme a baixar, pero ninguén podía así que fiquei na casa.

1 comentario

j -

xaviiiiii
si entendiera te ecribiria algo mas entretenido...eeen fin!
me alegro que ya estes en casa, si...se te extrana
asi que te mando miles de saludos nada mas,
abrazos de la menos ruidosa de todas..jejeje

yei!...j....Ghislaine....como sea.