Blogia
Calvaris in Deutschland

Cumpreanos de Huseyin

Cumpreanos de Huseyin Hoxe pola mañá toucou felicitar a Huseyin, porque está de cumpreanos, de todos os xeitos a min tocarame a semana que vén. Fomos coma sempre xantar ao centro. Como non había nada mellor, collín calamares á romana, pero estaban de verdade, noxentos. Menos mal que quedara Strudel de onte e puiden quitar o mal sabor. Despois tomamos un café na miña cociña.
Ás catro e media fomos a Vaihingen a devolver os altofalantes, porque hoxe puxen unha canción de Green Day e co subwoofer non había xeito de oír outra cousa que non fosen os baixos. Coma os outros que mirara estaban alí 2€ máis caros voltei para a facultade e falei con Herr Dalalakis, un grego simpático que tiña un par de proxectos interesantes, pero coma el mesmo dixo, sind weggeflogen, ou o que é o mesmo, que voaron. Tentei falar tamén con Herr Laymann, pero estaba con xente, así que decidín darlle de marxe o tempo que me levaba ir até o centro a mercar os outros altofalantes, pero ao voltar xa estaba todo pechado :-( Quizais estivese dentro, pero non puiden entrar.
Cando fun mercalos outros altofalantes pareceume oír a Mosky na miña cabeza dicindo: qué fas! que eses só chegan nos baixos até os 55Hz e os outros poden até 40Hz! Pero merqueinos igual, o cal me está facendo pensar en devolvelos, porque ao probalos na casa, non é o mesmo.
Pola noite, festa de Huseyin, coma se pode observar na foto, co seu agasallo de cumpreanos. Aparte diso, mercámoslle un álbum de fotos para que poida pólas todas aí, a el que tanto lle gusta a fotografia onde tamén lle escribimos unhas dedicatorias.
Tentamos ir ao centro, pero perdemos o S-Bahn, así que de tanto agardar na parada do bus entroume o sono e voltei para casa, que mañá tamén me teño que erguer cedo, por mor da excursión que teño pola cidade, onde poderei ver cousas interesantes para cando veña a persoa que máis quero no mundo, poderllas ensinar. Xa só faltan 19 días!

0 comentarios