Blogia
Calvaris in Deutschland

Munich contraataca

Munich contraataca Pois iso, que hoxe tocou erguerse moi cedo para ir cun Wochenendeticket para Munich. O Wochenende é un ticket que serva para viaxar en transporte urbano e tres rexionais durante unha fin de semana para 5 persoas, por 30€ en total. Está moi ben.
Alá marchamos 10 persoas para Munich, aínda que case non chegamos por culpa do Cristian, que chegou tarde. Menos mal que collemos os billetes xa na parada da Universidade porque tiñamos o tempo moi xusto en Hauptbahnhof (estación principal), de feito chegamos por dous minutos.
Despois de tres horas, chegamos a Munich onde atopamos a Johanna, que xa estaba alí e fomos cara Dachau, ó campo de concentración. Foi o primeiro, aberto 50 días (si, días) despois da ascensión de Hitler ó poder. Agás a parada do autobús, que está noutro lugar distinto, o resto case igual. Esas cousas non trocan moito :-) Iso, si, non había pedregullos no monumento do "Nunca Máis" en honra ós xudeus mortos...
Despois fomos xantar preto de Marienplatz a un restaurante que eu xa coñecía (o do camareiro simplático que nos falaba en italiano e onde tamén había Pata de Porco e Struddel ou como se escriba). Iso si, esta vez nada de camareiro simpático. Tocounos un vello que non sabía o que facía. Non se enteirou de nada nas contas, trouxo as cousas ó revés... Por suposto voltei xantar Pata de Porco e de postre, outra vez Struddel, pero a medias con Jero. De beber, auga do grifo bo baño, que os cartos non están para tiralos nunha cervexa de tres euros. Para iso, xa terei tempo...
E non fixemos nada máis, porque despois do tempo que nos levou ver o campo de concentración, eu por segunda vez, e xantar, xa non tivemos máis tempo.
Á volta tocounos facer tres transbordos, pero o tren que chegaba a Ulm, derradeiro transbordo, chegou con 5 minutos de retraso, e só tiñabamos 7, así que outra vez a correr, coma pola mañá. Tivemos "sorte", porque non outro tren chegou con 30 minutos de retraso. Incríbel isto en Alemania, pero así foi.
E por último, unha chea de Hooligans de non lembro que equipo, deixaron o tren no que nos montamos cheo de botellas e os cuarto de baño case (e sen case tamén) inutilizábeis.
Como colofón, comentar que todos os fineses que coñezo, cando me preguntaron pola miña camiseta de GPUL e lles comentei de que ía, todos dicían "Linus ist Finisch" :-)
E agora, a durmir, que mañá teño clase moi cedo.

0 comentarios