Blogia
Calvaris in Deutschland

Arroutada XII

Dende o xoves pasado até este domingo estivemos Laura e máis eu na Arroutada XII, que é a party de ordenadores que se celebra en A Coruña.

Este ano foi un pouco máis relaxada ca anos anteriores porque as cousas estaban un pouco máis preparadas, porque non había tanta xente e a que había estaba de bo rollo. Tamén Laura e máis eu nolo tomamos máis relaxado e non estivemos aí a dalo todo durante días e noitas enteiras, senón que fomos cando tiñabamos momentos libres nos que poder disfrutar do ambiente e das descargas...

Eu estiven nunha das charlas, que foi de Jorge Cortell na que falou dos temas que adoita falar, sobre todo da "suidade" e na que comentou moitas cousas curiosas entre as cales algo que xa sabía, pero que me veu confirmar, que era a legalidade de compartir e baixar cancións e películas en internet sempre que non se teña ánimo de lucro, a pesar de todo o que se esforzan a SGAE e o goberno en facernos crer o contrario. Pois iso, que nos fixemos cunha boa cantidade de material para ver na casa.

0 comentarios