Blogia
Calvaris in Deutschland

Traballar para nada

Onte erguémonos relativamente cedo para irmos ao consulado facer o meu DNI. Como non sabiamos as cousas que tiña que levar, nin canto tempo me ían tardar, pois mellor chamamos por teléfono. Dixéronme que tiña que renovalo en España, que iso eles non o facían e que de todos modos, para identificarme coa Polizei, me valía até 6 meses despois de caducar. Así que xa irei coa miña baixa consular a renovalo cando volte, para que non me cobren a multa. Sigo dicindo que a min me gustaría ter este CNI, pero como non é posíbel, terei que renovar o meu DNI obrigatorio. Despois traballamos un pouco antes de irmos xantar. Acompañei a Laura até a parada e despois fun até a facultade a ver se atopaba alguén que me axudase co que estou a facer agora no proxecto, que é a implementación do protocolo de enrutado, pero non había ninguén, así que me puxen a mirar algo no laboratorio e xa non ter que ir a casa e despois voltar para coller o S-Bahn. O carallo foi que me chamou Cristian, que acababa de chegar e que precisaba as súas chaves, así que saín para levarllas e despois xa fiquei nada casa.
Fun buscar a Laura e foi cando me crucei cos dous ianquis, que me deron noxo, que xa nada máis saír das clases de alemán estaban a falar inglés con todo o mundo. Fastidiame tamén o tema do australiano-chinés que vive no meu edificio, que fala un 70% das frases en inglés, así con todo o mundo, sen importarlle se sabes ou non, porque eu sei, pero non moito.
Ao recoller a Laura fomos no U1 até Vaihingen, donde fixemos a compra, cunha porcentaxe mínima dun 50% de larpeiradas. Á volta tiramos o lixo aos contenedores e cagamonos na puta ao ver que tiñamos un frigorífico novo, e que o que nos levara máis de hora e media limpar, ía para fóra. Ceamos, Los Serrano e a durmir.

0 comentarios