Blogia
Calvaris in Deutschland

Fin de semana aburrida

Fin de semana aburrida Aínda estado Laura aquí, esta foi unha fin de semana un tanto aburrida. Non fixemos máis ca traballar e comer algunha que outra salchicha na festa que montaron ao lado da lagoa que teño en fronte á miña fiestra. O único que fixemos así máis ou menos salientábel foi limpar o conxelador como ben contou Laura no seu weblog.
Iso si, polo menos tiven tempo de rematar o que quería rematar esta fin de semana, que era a xeración de traxectorias dos nodos para o simulador. Como se pode ver na imaxen, na fiestra de enriba, os nodos xéranse sobre algo que ten pinta de seren rúas e na de enbaixo, como todas as traxectorias, agás a inicial, que é a da fiestra de enriba, rematan nos cruces das rúas.
Tiven unha chea de problemas e creo que o compilador (gcc) tiña moito que ver neles. Primeiro porque o Valgrind me detectaba 5 problemas, aínda que a explicación non era satisfactoria e despois a execución sen Valgrind ficaba sen rematar, unha cousa un tanto rara. Así que troquei de compilador, do 3.4 ao 3.3 e xa Valgrind deu só 3 erros, de variábeis non inicializadas que estaban no código de Dominique, non no meu e a partir de aí xa foi todo ben, por fin puiden facer un commit en condicións...

0 comentarios