Blogia
Calvaris in Deutschland

Hoxe tortilla española

Hoxe tortilla española Hoxe foi un día no que tampouco saímos do Campus, e nin falta que fai, porque con xantar aquí, ver Los Serrano (que aínda imos atrasados) e despois pola noite, morriña. Porque quedamos de facer unhas tortillas de patacas para ensinalas ao mundo. A verdade é que sendo tan doadas de facer, non sei como non se fan en todo o mundo... Ao final viñeron a vikinga (finesa) o australiano gay (Clifford) e o USAno-Portugués (co que falo en galego ;-) ). A verdade é que case me dan ganas de chorar, porque dende que marchei da Galiza que non probaba unha tortilla, e a morriña... Por suposto, as tortillas encantáronlle a todo o mundo.
Despois ficamos un pouco a falar até as 2:30 da madrugada.

0 comentarios