Jose

Despois traballei outro pouco no proxecto cando me chamou Jose (o da foto) para se despedir, que marchaba de volta para Chile. O día que marchou Ian había así coma 15 persoas para despedilo. Hoxe para Jose, só ficabamos uns 6. Triste, pero así é o conto.
Despois fun buscar a Laura, coa intención de irmos a ver o Zahnradbahn que non puideramos ver onte correctamente, pero decidimos mellor ir a Schloßplatz, que había unha feria por alí. Tiñamos a intención de comer unha Bratwurst, pero curiosamente non había. O que sí había era moitas bandas de música, entre as cales había unha de ingleses que era un pouco paiasos, pero moi divertidos... Á volta fixen un pouco o parvo con Kash coa espada láser e baixamos con Marcus e mais el a preto do lago, que hai un festival de música que non nos vai deixar durmir. Tomamos unha Bratwurst e unha Radler, que é unha cervexa con limón. Despois voltamos xa para casa a escribirmos o weblog e tentaremos deitarnos, aínda que con esta música non sei se o conseguiremos.
Unha cousa que lin en El Pais sobre a Wikipedia é que contan a trasnada que fixeron no artigo do papa Bento XVI, que ao parecer se pasou ao Lado Escuro da Forza, aínda que eu xa achaba que estaba nel. Acabo de comprobalo, pero xa o puxeron de novo ben, que antes era a do Emperador Palpatine."
Noutra orde de cousas, esqueceume contar onte, que boto tanto de menos a programación para GNOME que me implementei o g_assert, que me parece vitalísimo.
0 comentarios