Blogia
Calvaris in Deutschland

Liisa

Liisa Pois onte si que traballamos pola mañá, pero pouco, porque nos erguemos ás once e pico. Á unha coma sempre fomos á Mensa, onde xantamos con Sabrina, Liisa e Ignasi. Ao rematar fomos tomar una café e foi cando me despedín de Liisa, a da foto, unha das finesas que ao principio semellaba ser unha aburrida, pero que ao final resultou ser a máis divertida de todas. Tamén a vou botar de menos.
Despois pola tarde traballei outro pouco tentanto facer dúas parvadas coa xeración de escenarios, pero non fun quen, porque non fun quen de compilar a versión de ns2.27 que me pasou Dominique. Realmente é incríbel o mal que está iso. Non sei como un programa coma ese non ten un sistema de automake e autoconf coma todo programa que se precie...
Pois iso, que lle mandei un mail a Dominique, que seguramente non me resposte até o luns, así que menuda merda...
Mentres estabamos a traballar, apareceu Huseyin, o outro da foto, para nos despedir e para asinarnos os cadernos mutuamente. Dúas despedidas no mesmo día.
Ao rematarmos con iso, fomos até o centro a Hauptbahnhof, onde pola parte de abaixo, o Klett-Passage, que é coma unha praza subterránea, estaba toda inundada. Pasaba unha riada que ía dende a pasaxe que está ao lado da comisaría até a saída ao número 1 de Königstraße. Totalmente incríbel, así que nos metemos outra vez no S-Bahn e a cear ao Anatolien, no que Laura fixo a maior aberración do mundo ao pedir un Döner Vegetarisch! Pero que carallo é iso?! Pues un Döner Kebap, pero sen a carne, cousa terríbel.
Ao voltar vimos El penalti más largo del mundo e despois un capítulo de Los Serrano.

0 comentarios