Blogia
Calvaris in Deutschland

Wieder allein

Wieder allein Pois iso, que onte marchou Laura e estou outra vez só. Completamente só non, porque fica Cristian e todos os meus simpáticos veciños, pero obviamente non é o mesmo.

Antonte xantamos con Cristian na miña cociña. El fixo tortilla francesa e nós Kartoffelknödel, Semmelknödel (con L, dexenerados!), en bóla e böhmischer Art O mollo que fixemos foi un que mercamos no Kaufland que resultou estar bastante bo. Mentres xantabamos, vimos a película El Año de la Garrapata, que eu xa vira, pero que como era divertida non me importou voltar a ver. Despois a traballar até a festa de Cliff.

Subimos á terraza para a festa, que estivo ben, aínda que tivemos que nos pór máis roupa por mor do frío que xa facía pola noite. Agardamos até o intre do pastel e despois xa baixamos para nos deitar, que ao día seguinte tiñamos que nos erguer cedo para o colocar as habitacións para cando viñese o Housmeister a facer as comprobacións e a recoller as chaves. Tratamos de deixar a habitación dela igual que a atoparamos, que antes pertenceu a Ian, un dos chilenos, que nos pediu que a coidasemos, así que iso fixemos.

E finalmente marchou.

2 comentarios

calvaris -

Home claro, queimada, polbo á feira, empanada e moitísimas máis cousas!

Miguel González -

Bueno home, pensa que nun mes (o así) tí tamén regresaras e xa estaredes xuntos... E durante este tempo entre o Skype e tal... Vai pasar tan rápido que cando o penses xa estaremos por Coruña (PD: haberá queimada para celebra-lo retorno, non?)