Blogia
Calvaris in Deutschland

Biohazard

Biohazard Pois onte erguinme para traballar un pouco pola mañá e despois ir a xantar. Ao saír da Mensa, fun até Vaihingen a mercar cereais para o almorzo.
Á volta traballei un pouco até que chegou a hora de cear, hora á que me enterei de que a televisión portuguesa vai facer a versión de Os Serranos. Incríbel. Tamén hai algo interesante na Wikipedia. Semella tamén que a NBC mercou os dereitos, pero non creo que funciona nos USA unha serie deste tipo. De feito, non creo que funcionase nin aquí en Alemaña, nin en Francia... O que si teño claro, é que quero velo en portugués, así que haberá que buscalo no Emule un para o Bittorrent. Mágoa que por razóns políticas non poidamos ver a televisión portuguesa na Galiza.
Despois fun até a cociña de Cristian, onde estaban a facer unha festa, que como se pode ver na foto, ficou un pouco mollada. E despois achegámonos á Biohazard, que se facía no Instituto de Eloi e Jero. Estivo ben, e coma sempre, salichichas á venta, que á grella están caralludas.

0 comentarios