Blogia
Calvaris in Deutschland

Richtige Party

Richtige Party Pois onte erguinme para traballar un pouquiño e despois ir á Mensa rápido por mor da cita con Dominique ás 13:30. O carallo foi que tiña cousas que facer e non puidemos traballar nada. Desculpouse así coma sete veces e despois probei a miña configuración automática do portátil. Que agás por un erro de sintaxe, estaba todo xenial. O que fixen, foi trocar a configuración por defecto para a estática, que así pode ser un pouquiño máis rápido o arranque en caso de non estar conectado a ningures.
Despois fun outra vez até a Mensa porque estaban todos alí a tomar café. Vin con Eloi para casa a facer o CD de música que lle imos agasallar aos fineses. El escolleu música catalá, eu escollín música galega, entre a que puxen Heredeiros da Crus, Carlos Nuñez e algunhas cancións do Xabarín, e entre os dous metemos máis música española. O que foi caralludo foi o collage que fixemos co GIMP para pór de portada. Pasámolo xenial porque tivemos que ver todas as fotos para escoller cal puñamos de cada un. Ao final quedou impresionante.
Despois eu fiquei a ver Naruto, a escoitar a radio, até que chegou a hora de falar con Laura. Ao rematar fun até a cociña de Eloi, na que estaban el e Cristian. Rematamos e fomos todos os que estamos na foto ao Move, que é unha disco que está caralluda. Alén das dúas cervexas que bebera, bebín na disco outras catro máis, así que o cagallón foi considerábel. Pero pasámolo xenial. A próxima vez irei con chanclas, porque teñen unha especie de terraciña con area, na que estaría caralludo estar descalzo a bailar. Tranquila, meu amor, que xa iremos :-) Por certo, feliz día 15!

0 comentarios