Blogia
Calvaris in Deutschland

Dominique

Dominique Onte erguinme pola mañá moi cedo para ir falar con Dominique. Gustoulle moito o que fixen. Tamén atopamos algún problema que me preocupaba a min e incluso parece que estamos sincronizados nalgunhas cousas porque chegou a darme algunha solución na que eu xa andaba a cavilar :-) O bo foi que esta vez me comezou a corrixir faltas de ortografía, descoidos, e incluso estilo en alemán. Estiven con el dende as nove da mañá até as doce. Pero fiquei tan canso, que non fixen nada o resto do día de traballo.
Fun xantar á mensa e despois a tomar un café no Ökumenisches Zentrum, que é máis barato, pero o té que teñen non me gusta demasiado. Estivemos alí a falar de moitas cousas e a contar nos idiomas cantas palabras significan o mesmo que foder nos diferentes idiomas. Os fineses atoparon 24 e nós 20. A iso respostamos que nós nos dedicamos a practicalo en vez de procurar as verbas :-)
Despois vin Moulin Rouge, que teño que dicir que non me molou nada de nada. Menos mal que tiña un capítulo de Naruto para tirar o mal sabor da boca.
Xa ao solpor, abrín a fiestra e vin unha paisaxe de postal. Así que collín a cámara e saquei un par de fotos dende a miña habitación, mais coidei que dende a terraza sería moito mellor, como efectivamente se pode ver na foto. Ao subir, atopeime con Felipe, que tiña a cámara na man e tamén subiu. Ao chegarmos arriba, atopamos a Diego que tamén estaba facendo fotos. Estivemos alí enriba un pouco, cando tamén vimos a Huseyin dende abaixo facendo fotos, momento no cal Ian lle ensinou o cu dende arriba :-)
Despois baixei para cear con Cristian e vermos un capítulo de Los Serrano antes de nos deitar.

0 comentarios