Blogia
Calvaris in Deutschland

Festa Grega (gastronómica)

Festa Grega (gastronómica) Pois hoxe había no meu edificio unha festa grega, onde eu estaba invitado pola compañeira grega do curso de alemán. A verdade é que me fastidiaba un pouco porque coincidía xusto coa carreira de Alonso, aínda que tampouco tiña onde vela... Pois iso, que as cousas que había alí estaban caralludas. Tiñan dous tipos de arroz, arroz envolto nunhas follas de algo que non lembro que era... Tamén unha especie de pasta vermella feita de tomate que estaba xenial e unha especie de cousas negras que non eran cogumelos, pero que estaban riquísimos tamén. Os postres, moi doces, co cal, caralludos.
Despois fomos á Frühlingfest varios que estabamos na festa, pero nada de beber, que xa era o derradeiro día. Alí subímonos nos autos de choque e despois xantamos algo típico, que xa remataba o choio. E eu despois a casa a escoitar o partido do Dépor, que por fin gañou!

0 comentarios