Blogia
Calvaris in Deutschland

Exclusiva! Exclusiva! Nova parella!

Exclusiva! Exclusiva! Nova parella! Pois o xoves houbo unha pequena festa improvisada na cociña de Cristian, da que merchei moi cedo porque me rallei. Pero ao día seguinte, Cristian díxome:

  • Teño que che contar algo.

  • Bo ou malo

  • Bo

  • A ver, con quen te liaches?

  • Adiviña



Eu atei os meus cabos e botei as miñas contas, que descartaban a Anabel e a Elena e xa só ficaban Iris e Silvia, así que apostei por esta derradeira e acertei.

Levan xa xuntos dende o xoves e por agora vailles xenial, nótase que hai amor o cal me fixo pórme tan parvo coma no derradeiro capítulo de Los Serrano.

O único que lles desexo é toda a felicidade do mundo e que lles dure, porque Cristian xa o ía merecendo.

0 comentarios