Blogia
Calvaris in Deutschland

Proxecto e Episodio III

Proxecto e Episodio III Pois hoxe erguímne tarde por mor de me ter deitado onte despois de escoitar Zapping, de RadioVoz. Recoméndollo a todo o mundo, por certo, de 8 a 9 todos os días e tamén o repiten de 1 a 2 da noite. Por certo, hoxe fixeron un chiste caralludo, que eu nunca oíra. Chamaron TelePerbes á TVG, supoño que en relación ao chalé que Fraga construiu de xeito presuntamente ilegal.
Lembreime que tiña clase de portugués hoxe ás 13:15, así que fun xantar cedo á mensa do centro e ala fun. Cando chegou a mestra falei con ela, e o que fixo foi recomendarme ir a Portugués 5, é dicir, prepararme para a proba, que non sei exactamente a qué equivale...
Despois voltei e agardei até que puiden falar co meu director de proxecto, que me confirmou que si podo facer algo. Por fin sei algo seguro! Vou facer cousas sobre enrutamento en rédes móbiles, é decir, cousas de móbiles, PDAs, etc... e creo que vou chupar álxebra de grafos por un tubo... pero é o que hai, e ademais, creo que vou aprender moito alemán, co meu director, Dominique Dudkowski, que fala amodiño e ademais é moi simpático. Por certo, a simulación téñoa que facer con ns, que é ese que se usa un pouco en Redes de 5º e tamén xeño que usar un programa de xestión de bibliografía, o JabRef, que serve para ir indexando todos os documentos que se van lendo e poder acceder despois de xeito máis cómodo a eles, e tendo despois un ficheiro Bibtex completamente usábel. Ten pinta de estar moi ben.
Despois estiven vendo o Episodio II, preparándome para o que levaba agardando 3 anos, que é o estreno do Episodio III.
Fun con 3 veciños meus, Cristian e o polaco, en total cinco, no coche dun dos meus veciños, Alex. Ao chegarmos á porta do cinema, fomos Cristian e máis eu, mercar un Kebap, pero ao final tomamos un Lahmacun, que é unha especie de pizza condimentada, onde che poñen carne de Kebap tamén, e póñencha un rolo, que é máis sinxelo de xantar.
Non había moita xente disfrazada, de feito eu era un deses raros que levaba a miña espada láser. O cinema era unha merda, pero seguramente era o mellor que se podía atopar onde puxesen a película en versión orixinal. Tivemos que agardar un bo cacho até que a película comezou.
Pois iso, que non sei se porque non entendín demasiado, que nin sequera tiña subtítulos en alemán, que non me gustou demasiado. Eu creo que agardaba algo máis. A historia pareceume un pouco pobre, e ademais había algunha cousa que me pareceu completamente fóra de lugar, pero que non vou contar aquí para non desfacer a película á xente que lea o meu weblog :-) Comentádeme que vos pareceu...
Na foto, de esquerda a dereita, Marcin o polaco, Alex o meu veciño alemán, eu, Cristian o catalán, e Nick o USAno republicano.
E outras das cousas coas que acabo de flipar é o nomeamento do meu profesor de Literatura Galega de 3º de BUP no Colexio San Narciso, Héctor Silveiro. Noraboa para el. Despois da novela que escribiu o meu outro profesor, xa o creo todo.

0 comentarios