Blogia
Calvaris in Deutschland

Studienarbeit

Studienarbeit Hoxe erguinme moi cedo para ir ao médico ás 9:15, por sorte, xa en menos de un cuarto de hora estaba fóra e puiden voltar para o campus a traballar. Fun xa para a FIS (Fakultät Informatik Stuttgart) porque ás once tiña cita con Dominique. Xa case temos todo listo para comezar a implementar. Teño que escribir unhas cantas cousas máis. El en xeral está satisfeito co meu traballo, porque di que con todo o que levo xa investigado e reflexionado, debería ter boa parte da memoria xa feita, e que realmente é un bo traballo de investigación. Non é por me botar flores, pero é un único traballo de investigación que fixen :-) A cidade que usaremos como escenario será Barcelona, que pola súa forma reticular nos fará o traballo un pouco máis doado, como se pode ver na foto.
Despois de saír da FIS fun a mercar cousas para xantar, que non tiña xa aceite de oliva e iso é imprecindíbel para cociñar. Ao voltar fixen Spätzle co mollo especial de Dores, que me quedou un pouco salgado de máis, pero moi bo igualmente.

0 comentarios